43ºN 8ºW Revista nº14
Editorial
Dende a Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié continuamos cumprindo, durante estes meses, os fins cos que nos constituímos alá polo ano 1996: facilitarmos aos asociados o contacto con diversas institucións, fomentarmos o intercambio de información e apoio entre os socios e mantermos e alimentarmos, como bolseiros, o noso vínculo coa Fundación.
O cumprimento destes fins viuse reflictido coa celebración das nosas tradicionais “Xornada de Verán” (xullo 2010) e “Xornada de Nadal” (decembro 2010), e na organización de propostas diferentes, cun carácter pioneiro e innovador, como “Peregrinando” (abril-xuño 2010) ou “Diálogos 01” (novembro 2010).
Os datos de asistencia e participación seguen a confirmar a vontade dos asociados de se manteren en contacto, compartiren experiencias e proxectos e convertérense nun lobby cultural e profesional en Galicia. Entre os asistentes a estas actividades estaban algúns dos 43 beneficiarios das bolsas Barrié que, durante o ano 2010, inscribíronse como membros da Asociación. Xa que logo, seguimos a medrar e xa somos 767 membros. Polo tanto, estamos nun grande equipo cun perfil multidisciplinar, aspecto que permite que nos beneficiemos uns dos outros en liñas de actuación como o asesoramento ou o fluxo permanente de información de interese (ofertas de emprego, cursos, temas de actualidade…) a través de rebeba e da colaboración, con artigos de interese xeral en tono divulgativo, neste
número da revista que presentamos.
Queremos continuar avanzando e profundando nesta dirección, pero tamén queremos ir máis alá. Durante os próximos meses esperamos buscar novos acordos con outras Asociacións de Antigos Alumnos, confiamos en que o número de membros da Asociación e de rebeba siga a aumentar, desexamos vernos nas actividades que propoñemos dende a xunta directiva e intentaremos redeseñar a nosa web.
Para acadar estes obxectivos os integrantes da Xunta Directiva, que vimos de renovar os nosos cargos na Asemblea de Nadal por unanimidade dos asistentes, continuaremos a traballar coa colaboración da Fundación, coas vosas propostas e co compromiso de fomentarmos a relación e colaboración entre nós.
Xullo 2011
Sumario
Editorial
Actualidad. La Asociación
- Jornada de Verano
- Jornada de Navidad
- Microactividad: Peregrinando
- “Diálogos 01”
- Breves
Protagonistas por ...
- Nombramientos
- Nuevas situaciones laborales
- Defensas de tesis
- Publicaciones
Hablamos con ...
- Miguel Alonso
- Eva Moreda
- Andrés Rosende
Artículos de interés general escritos por los becarios
- Javier Caramés Sánchez
- Xosé Durán Mariño
- Eva Quintas Froufe
- Carlos Pena Buján
- Alberte Piñeiro
- Miguel Plata
- Javier Taibo
- María Teresa Cabo






